EconomíaEconomíaÚltima hora

Reunión do Colexio de Aparelladores de Ourense cos seus colexiados en Xinzo

É a segunda xuntanza deste tipo que se celebra na provincia e nela tamén participaban colexiados de Verín, A Gudiña, Calvos de Randín e Os Blancos

 

Desprazar o Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Ourense (COAATIE) a distintos puntos da provincia no ciclo 2017-2021. É o obxectivo dunha serie de reunións que este organismo colexial iniciaba no Barco en outubro do pasado ano e que veñen de retomarse cun segundo encontro o 2 de maio en Xinzo de Limia.

Nesta xuntanza participaban colexiados de Xinzo de Limia, Verín, A Gudiña, Calvos de Randín e Os Blancos, que debatían cuestións como a seguridade e saúde nas obras de construción, onde o arquitecto técnico intervén en moitas ocasións baixo a figura de coordinador de seguridade e saúde. Este aspecto ten sufrido un estancamento a partir da crise. Tamén se falaba sobre a evolución negativa dos honorarios profesionais nos últimos anos.

 

Dende o Colexio de Aparelladores de Ourense “íntase á necesidade de mellora por parte de todos os axentes implicados na seguridade e saúde nas obras de construción, con especial incidencia nas empresas construtoras e autónomos, para avanzar cara unha maior seguridade e con iso a unha diminución da sinistralidade laboral”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button