CarballedaConcellosÚltima hora

Reunión do delegado da Xunta coa alcaldesa de Carballeda de Valdeorras

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo un encontro esta mañá coa alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.

Ámbolos dous fixeron balance dos recentes investimentos da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas de 8.735 euros da Axencia Turismo de Galicia para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (Mellora do Contorno no Camiño de inverno na zona da Igrexa ao seu paso por Sobradelo).

 

 

O delegado territorial tamén lembrou o convenio asinado coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades de 316.000 euros para a conservación e recuperación da Ponte Nova de Sobradelo; o convenio coa Consellería do Medio Rural de 35.000. euros para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2022; ou o convenio coa Axencia Turismo de Galicia de máis de 188.000 euros para o proxecto de rehabilitación de edificación tradicional existente para albergue turístico en Sobradelo.

Artigos relacionados

Back to top button