
Protección do medio ambiente e mellora da calidade das aguas na conca do Miño-Sil. Eran os temas principais que abordaban o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, na reunión que mantiñan o 17 de setembro en Ourense.
En concreto analizaba a proposta de crear una comisión de seguemento específica para a protección do Río Barbaña, previa reunión co presidente de Empresarios do Polígono Industrial San Cibrao das Viñas nos próximos días. Tanto o subdelegado e como presidente da CHMS destacaban a importancia da pedagoxía sobre o coidado e respeto polo medio ambiente, ademais da necesidade de traballo e innovación nesta materia.