ConcellosÚltima hora

Reunión dos 16 concellos do proxecto “Ourense Norte Reacciona” para captar fondos europeos de recuperación

 

O proxecto “Ourense Norte Reacciona” para captar fondos europeos de recuperación segue dando pasos. Así, os 16 concellos integrados nesta iniciativa, que botaba a andar en outubro cunha primeira solicitude dun proxecto na liña de apoio comercial, teñen previsto celebrar unha reunión na mañá do vindeiro 9 de novembro no Concello de Manzaneda.

Desta agrupación forman parte os concellos de Viana do Bolo, Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil, A Teixeira, Montederramo, San Xoán de Río, Manzaneda, Vilariño de Conso, Larouco, Petín, A Rúa, O Bolo, A Veiga, Esgos, Nogueira de Ramuín e Chandrexa de Queixa.

No encontro farase un seguimento do proxecto global “Exploración de vías de aproveitamento dos fondos NextGeneration EU para municipios menores de 5.000 habitantes”.

Artigos relacionados

Back to top button