No Pazo Provincial tiña lugar o pasado venres 8 de febreiro unha xuntanza entre a Deputación e a comisión municipal creada para abordar o arranxo da estrada de San Agostiño (Viana do Bolo). Os socialistas vianeses, promotores desta comisión aprobada no pleno municipal, manifestaban tras o encontro a súa sorpresa ante a ausencia dos concelleiros do PP, así como do alcalde (aínda que si asistía un concelleiro do BNG), “a pesares da importancia dos acordos para a nosa bisbarra”.
Tamén informan de que o custo total dos “24,44 km. da estrada, que corresponde o Concello de Viana, ascende a 1.125.119,29€. Diste importe, Endesa-Enel, aportará un 50% , correspondendo a Deputación e o Concello o outro 50%. Ao non estar o alcalde na xuntanza, non se pudo barallar os importes a repartir entre a Deputación e o Concello, é por elo, que vai recibir o Concello un escrito de compromiso sobor do importe que está disposto a aportar. Unha vez se pronuncie o Concello, a Deputación dará a coñecer a súa aportación”, adiantan.
Dende o PSdeG vianés tamén matizan que “este é un orzamento, logo, cando se producen as licitacións, as puxas fanse con rebaixas moi significativas, a media ronda o 30%, polo que o custo final vaise reducir e por tanto, a aportación que ten que facer o Concello”.
Ademais os socialistas piden ao Concello que “non se poñan máis atrancos nin se agoche ante iste acordo que vai por fin a anos de abondono e padecementos dos nosos veciños” e adiantase que van seguir traballando para lograr un acordo.