O próximo xoves, 8 de febreiro, vaise celebrar o Xoves de Comadres en Ribadavia. Dende a organización deste ano queren destacar esta celebración dado que xa van pola 14 edición e cada ano “son máis a mulleres que se disfrazan e saen a cear e divertirse na vila de Ribadavia”, aseguran.
Este ano 2018 é o primeiro na que a cea se repartiu en 7 restaurantes distintos de Ribadavia (O Pucheiro, A Comanda, Plaza, Rebus, Vinoteca, O Birrán e Carcas), xa que ata agora facíase nun local todas xuntas, remarca. Pero este ano decidiuse facer desta maneira “para que a festa puidera crecer e de paso tamén darlle ganancia a máis locais da vila para que así todos gañen e na vila nótese que é un día máis de festa”, aseguran dende a organización.
Como día límite para anotarse estableceron 5 de febreiro. Dende a organización salientan que este ano serán ao redor de 300 mulleres as que saían a divertirse nesta noite.
As actividades que se levarán a cabo dito día serán dende as 20:30 horas “ata que o corpo aguante”. Primeiramente a Charanga Filantrópica do “Dr Anchoa” percorrerá as rúas da vila, para rematar na Igrexa na Madalena onde haberá unha Prefesta con pinchos e viños do Ribeiro doados por moitos establecementos desta D.O. Ás 22:00 horas comenzará a cea nos restaurantes cun menú único e a prezo único para todos , feito exclusivamente para esta noite e para as mulleres. Ás 00:00 horas haberá un festa no Disco PubTubular, con agasallos e sorteos para todas as asistentes tamén doados por establecementos do Ribeiro, ademais de estar amenizada por DJ Tibu e na que haberá moitas sorpresas máis, música e diversión.
Todas as mulleres que estean interesadas en participar nesta festa aínda o poden facer, o prazo aínda está aberto ata o día 5. O Prezo é de 20 euros e nel vai incluído a Prefesta, a cea, Festa final e agasallos.




