ConcellosÚltima hora

“Ribanadal”, en Ribadavia, propón entretemento para os máis pequenos no Nadal

Como novidade deste ano, a pista de xeo e os inchables serán de balde para os empadroados e para os que realicen compras nos establecementos asociados a Ribanadal

O Concello de Ribadavia presentou onte, 21 de decembro, “Ribanadal”. Unha inicativa que ten como propóstico “que os nenos poidan pasar estas datas de Nadal, do 22 ao 30 de divertíndose nun espazo creado para o seu lecer, cerca da casa, e sin ter que desprazarse a outros lugares”.

Na presentación estivo o alcalde de Ribadavia, Nacho Gómez; o Presidente do Consello Regulador Denominación Orixe Ribeiro, Juan Manuel Casares; o Concelleiro de CxG, Manuel Vázquez; e as Concelleiras de Cultura e Benestar Social.

Tamén se achegaron, por parte dos Establecementos Asociados do Ribeiro, Yolanda Gómez, O Director de Abanca, David Fernández, Amando Martínez, de instalacións Amando S.L e a empresa Mantesil Ocio

Para acceder a este espazo, hai dispoñibles dúas pulseiras: a vermella para os empadroados, que a poden recoller no concello até o 30 de decembro, e a verde cortesía dos establecementos asociados e que se entregará con cada compra nos mesmos.

Segundo sinalaron dende o Concello, a peculiaridade desta tempada é que os inchables e a pista de patinaxe son de balde, tanto para empadroados como para as persoas que realicen compras nos establecementos asociados.

 

Artigos relacionados

Back to top button