EconomíaEconomíaÚltima hora

Ribeira Sacra pon en marcha a web merecesunrespiro.com

Este portal do consorcio de turismo achega máis de 40 experiencias, que se irán ampliando co paso dos días

 

A partir de mañá luns ás 12h. estará dispoñible o contido da web merecesunrespiro.com. Este portal é a parte central da campaña “Despois de todo, mereces un respiro” coa que o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra pretende “atraer e poñer a disposición dos posibles visitantes experiencias moi coidadas e adaptadas ao novo contexto xerado pola pandemia do COVID-19”.

As propostas clasifícanse en 5 bloques en función da tipoloxía de servizos e actividades que conteñen. Hainas relacionadas coas exploración dos recursos patrimoniais do territorio, outras de interacción coa paisaxe a través do deporte, tamén do coidado persoal en espazos únicos, e, por suposto, vencelladas á oferta gastronómica do xeodestino.

O usuario poderá realizar unha búsqueda, ademais de pola temática, por duración, perfil de público ao que vai dirixido ou polo periodicidade na que están dispoñibles as actividades que busca.

“Estrearemos o portal con máis de 40 experiencias, que seguiremos ampliando co paso dos días, en diferentes quendas e a medida que o sector nolas faga chegar. Tamén se irán especializando, por exemplo, de cara ao outono”, matizan dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button