ConcellosFestas do Cristo O BarcoÚltima hora

Ricardo Gurriarán lerá o pregón das Festas do Cristo 2015

O programa desenvolverase do 11 ao 15 de setembro con actividades deportivas, concertos e cultos na honra ao patrón
A concelleira de Cultura do Barco, na presentación do programa do Cristo 2015. /Foto: Mónica G. Bellver.
A concelleira de Cultura do Barco, na presentación do programa do Cristo 2015. /Foto: Mónica G. Bellver.

O vindeiro luns 7 de setembro estará na rúa o programa do Cristo 2015 que se poderá recoller nas dependencias da Casa da Cultura e no propio Concello. Así o anunciaba a concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta na presentacíón do mesmo, na que destacou dous nomes. Por unha banda o do pregoiro deste ano que será o historiador Ricardo Gurriarán “porque crimos que é merecedor deste recoñecemento por ser unha persoa que adica boa parte da súa vida á historia de Valdeorras, ademais de ter recibido o premio polo seu labor sobre normalización lingüística”. Este ano o pregón será ao aire libre “para que as festas comecen e terminen na rúa” dixo Marga Pizcueta, e terá lugar o xoves 10 de setembro na praza Maior do Barco.

Margarida Pizcueta analizando o cartaz deste ano, obra de Iván Prieto./ Foto: Mónica G.  Bellver.
Margarida Pizcueta analizando o cartaz deste ano, obra de Iván Prieto./ Foto: Mónica G. Bellver.

O outro nome propio que destaca no programa é o do artista valdeorrés residente en Berlín, Iván Prieto, autor do cartaz das festas deste ano que a concelleira define como “rompedor, redondo e moi orixinal”. Trátase dunha imaxe feita coa técnica do collage que representa a unha nena vestida de festa que camiña co seu globo cara as atraccións. O rostro da nena está formado por billetes do metro de Berlín en lembranza da xente que está fóra da súa terra pero que levan O Barco no corazón. Nun segundo plano hai un piragüista sobre o río Sil.

Con respecto á programación en si, arrancará o venres 11 de setembro e contará con numerosos concertos de estilos moi diferentes dende o folk de Tornaxeira ata o heavy de Robert Fernández (que substitúe a Son do Sil que se descolgou do programa), o rock de La Fuga ou as bandas sonoras da Banda de Música do Barco, entre outros, ademais do son de cinco orquestras (unha por día) como Os Satélites ou Sintonía de Vigo.

O programa de actividades inclúe asemade numerosas citas deportivas, dende o Madrugón ata o Descenso do Sil ou a Milla, e outras actividades como teatro intantil, pasarrúas e a Xuntanza de Pandillas que este ano sae á rúa para celebrarse á beira do río.

Máis información no Especial Cristo do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button