DeportesÚltima horaVídeos

Ricardo Vázquez (Club Adas), campión galego de maratón

O atleta do Club Adas, Ricardo Vázquez.

 

Ricardo Vázquez do Adas Cupa do Barco, cun crono de 2h.32:45, e Beatriz Fernández do Corredoras de Bueu cun rexistro de 2h.55:35 veñen de proclamarse o domingo 2 de outubro campións Xunta de Galicia de Maratón na edición que se desenvolveu conxuntamente coa IX Maratón Atlántica na cidade da Coruña. Xunto elas estarían no podio compartindo postos de medalla Silvia García do Atletismo SAR con 3h.02:40 e Rosario Figueroa do Samertolameu con 3h.13:44 na categoría femenina e Jonathan Fernández do A.D.Naútico de Narón con 2h.36:11 e Victor González do Comesaña S.C. con con 2:37:40 na categoría masculina.

 

 

“O campionato desenvolveuse cunhas excelentes condicións climatolóxicas que favoreceu a ampla participación de atletas, moitos dos cales tomarían parte na proba menor dos 10K que se efectuou de maneira conxunta baixo un remodelado circuito na procura de mellores rexistros”, segundo se sinala dende a Federación Galega de Atletismo (FGA). Como resultado disto cómpre salientar as mellores marcas da proba efectuadas polas atletas kenianas Mónica Cheruto con 2h.39:57 en mulleres e Richard Rop con 2h.11:00 en homes.

Na proba dos 10K, excelente resultado o de Esther Pedrosa quen bateu o récord de España W60 cun crono de 40:30, engadindo un novo tope nacional máis ao seu amplo palmarés. Nesa mesma distancia a gañadora absoluta foi María Jesús Conde con 39:07 e Iago Jopia en homes con 31:38

No resto de categorías as campioas e campións galegos de maratón foron:

Senior. Jonathan Fernández (Naútico Narón)
Máster-35. Silvia García (At. Sar) e Victor González (Comesaña S.C)
Máster-40. Beatríz Fernández (At.Corredoiras) e Esteban Díaz (A.Narón)
Máster-45. Natalia García ( C.A.Sada) e Ricardo Vázquez (ADAS-CUPA)
Máster-50. Rocío Díaz (At.Ribadeo) e Alejandro Parada (Samertolameu)
Máster-55. Santiago Vázquez (Riazor At.)
Máster-60. Antonio Lois (Marineda)
Máster-65. Jose Angel Pita (Indp.)
Máster-70. Eliseo López (Egovarros)

Imaxes: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button