CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ricky hombre libre, tributo a Red Hot Chili Peppers e os mellores dj´s galegos, en Vilamartín

O 14 de agosto terá lugar o Festival GOOM no Complexo Hostaleiro Paladium

Imaxe dunha edición anterior do festival./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Festival GOOM presenta algunhas das súas novidades. Este festival de música, que terá lugar no CH Paladium de Vilamartín de Valdeorras o 14 de agosto, ultima os preparativos para vivir “unha experiencia única na provincia”, din os seus promotores.

Despois de coñecer ao completo o cartel que poñerá a sintonía ao festival, do que forman parte Ricky Home Libre, un dos rapeiros máis respetados en Galicia; un tributo inigualable e recoñecido como o de Red Hot Chili Peppers e os mellores dj´s de Galicia como Mark Deluxe, Maqui Álvarez, Anxo Silva ou Xoel Muiños, ademais, tamén se suma José Brea, un artista coruñés que realiza incribles homenaxes a Estopa, Melendi ou Leiva entre outros.

O equipo de GOOM xa pensa en todos os requisitos necesarios para poder brindar un día cheo de música, diversión e sorpresas a todos os seus seguidores. Este ano contarase cun escenario e unha decoración renovada, con animación e espectáculos de lumes e luces que permitan a esta edición superar as expectativas da pasada.

O horario do festival será de 18:30 a 06:30h, contando con 12 horas de diversión. A entrada pode mercase a través da web goomfestival.es.

Artigos relacionados

Back to top button