ConcellosÚltima hora

Río adquire maquinaria para desbrozar estradas e camiños municipais

O Concello mercouna a través dunha subvención da Deputación de Ourense, que tamén lle permitiu dotarse dunha aboadora de sal para o inverno

 

Dende o Concello de San Xoán de Río vén de adquirirse diverso material para manter as estradas e camiños municipais limpos “co fin de mellorar a calidade de vida da veciñanza e evitar accidentes entre os usuarios da rede viaria de San Xoán de Río”, segundo indica o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, quen sinala que esta compra foi posible grazas a unha subvención concedida pola Deputación de Ourense.

Así, unha trituradora comezará neste mes de xuño, “dunha maneira máis eficiente, o desbroce de estradas e camiños do noso concello. Un elemento imprescindible xa que, coa obsoleta maquinaria municipal, non se podería completar esta campaña de desbroces. Ademais esta compra evitará numerosos gastos en reparación dun tractor desbrozadora que deberá ser substituído ao final desta tempada e esperamos que aparte da Deputación, outra administracións cofinanien esta renovación”, sinala o rexedor, que amosa o seu agradecemento ao organismo provincial.

 

 

Dende o Concello de Río tamén se destaca que, “trala insistencia a todas as administracións públicas de que nos enviasen equipamento para afrontar a época invernal, dado que somos un municipio de alta montaña onde as xeadas e nevaradas son habituais no inverno; a Deputación de Ourense foi a primeira e única administración, de momento, en atender estas demandas. Con esta subvención o Concello puido equiparse cunha aboadora de sal, que permitirá a partir do vindeiro inverno evitar as incidencias que producen as placas de xeo nas nosas estradas”.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button