
Neste martes 5 de setembro tiña lugar unha reunión no centro Europe Direct do Concello de Lugo, onde se sentaban as bases de colaboración na difusión de información da Unión Europea e na elaboración dun programa propio de actividades no Concello de San Xoán de Río e no IES Xermán Ancochea de Trives.
O primeiro dos eventos terá lugar o vindeiro mércores 13 de setembro coa emisión as 9:30h. dende o salón de plenos do Concello de San Xoán de Río do discurso do Estado da Unión Europea de Ursula von der Leyen e ás 12:00 no IES Xermán Ancochea Quevedo terá lugar unha mesa redonda sobre a mocidade na Unión Europea.