Incluída na súa colección “Nomadismo Urbano FW21” e co obxectivo de celebrar o ano Santo Xacobeo, o deseñador ourensán Roberto Verino presenta “Caminae”, unha proposta sport urbano para unha vida en constante movemento que busca a comodidade con estilo.
Con esta colección, Roberto Verino utiliza o Camiño como metáfora de vida, rendendo homenaxe a todas aquelas persoas que diariamente continúan a súa andar con esforzo, perseveranza e ilusión. “Un camiño que nos une e no que atopamos compañeiros de viaxe que nos axudan a conseguir os nosos propósitos, demostrando que o importante é sempre o máis sinxelo e que desprenderse do superfluo axuda no obxectivo final, que non é máis que gozar da vida”, explican dende a firma verinesa.
En “Caminae” destacan pezas con tecidos cómodos, fluídos e adaptables en cores que nos lembran as paisaxes e elementos do camiño como os beige, naturais ou os azuis salpicados con toques de mostaza, terra e vermellos.
Fotos: Jesús Ferrin (Finally).