CulturaMúsicaÚltima hora

Do rock de Correos ao humor de La Junca de Aída, no Baranda

A sala de concertos barquense presenta dúas actuacións para esta fin de semana
Cartaz do concerto de Correos no Baranda.
Cartaz do concerto de Correos no Baranda.

Orixinarios de Donosti, despois de seis anos de traxectoria musical e dous álbumes publicados, Correos entenderon que “o rock de sonoridades alternativas hai tempo que deixou de ser pasto de culto para volverse fenómeno de masas” e grabaron ‘Seres’, un disco “con ganchos comerciais que non traiciona a materia gris que sempre debe ter unha boa canción”. Para demostrar esta teoría, están presentando “GPS Girando por salas” un espectáculo que hoxe, venres 11 de decembro presentarán na Sala Baranda do Barco de Valdeorras. Prezo da entrada única 5 euros en taquilla.

Cartaz de "María la Vikinga".
Cartaz de “María la Vikinga”.

E da proposta musical de Correos ao monólogo de María Díaz “La Vikinga”. La “Junca” da serie Aída de Telecinco achegarase ata o sala barquense mañá, sábado 12 de decembro, para poñer a nota de humor a este Nadal. O prezo da entrada será de 4,50 euros anticipada (Ton y Son) e 7 euros en taquilla.

Artigos relacionados

Back to top button