CulturaCulturaÚltima hora

Román Rodríguez e Cecilia Pereira apostan polo Xacobeo 21 como “motor de recuperación para Galicia”

O conselleiro de Cultura e Turismo e a comisaria mantiveron unha reunión de xeito telemático con representantes de diversas asociacións de amigos do Camiño de Santiago, entre elas a de Valdeorras

 

Acompañado pola comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, o conselleiro de Cultura e Turismo Román Rodríguez reuníase de xeito telemático nesta mañá de 7 de abril, cunha quincena de representantes de diversas asociacións de amigos do Camiño de Santiago de Galicia (entre os que estaban a de Valdeorras e a da Ribeira Sacra), para abordar a situación actual do Camiño, tralos efectos da crise sanitaria do coronavirus.

No encontro, que segundo o conselleiro “senta as bases para seguir peregrinando xuntos como parte dunha tarefa na que todos somos necesarios”, avaliouse a situación nun contexto inédito coñecendo as achegas destes colectivos para a reactivación do Camiño unha vez se superen as distintas fases da pandemia. A iniciativa intégrase na rolda de contacto cos sectores cultural e turístico que o conselleiro está mantendo e na que tamén ten cabida, dun xeito específico, o Camiño de Santiago.

 

Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, polo Camiño de Inverno ao seu paso pola Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste sentido, Rodríguez lembrou o papel do vindeiro Xacobeo 2021 como “motor de recuperación para Galicia”, no que pretenden incidir as distintas liñas de actuación nas que traballa o Goberno autonómico, “un estímulo para a actividade económica en xeral, e dun modo particular, na activación das industrias culturais e turísticas e o tecido propio da nosa Comunidade”, dixo.
.

Artigos relacionados

Back to top button