ConcellosÚltima hora

Romaría da Alberguería, o 15 de agosto

Os veciños do pobo veigués asolagado hai case 60 anos, xúntanse cada ano para celebrar a festa
Asistentes ao xantar hai uns anos. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes ao xantar hai uns anos. /Foto: Carlos G. Hervella.
Veciños de Alberguería na romaría. /Foto: Carlos G. Hervella.
Veciños de Alberguería na romaría. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un momento da misa. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un momento da misa. /Foto: Carlos G. Hervella.

No ano 2008 en que se cumprían 50 anos do asolagamento de Alberguería (no concello da Veiga) baixo as augas do encoro, fundábase a Asociacion Cultural Alberguería Oleiros (ACAO), co fin de manter viva a memoria do pobo e dos veciños que tiveron que emigrar a diferentes puntos de España e tamén do estranxeiro. Seis anos despois, en xuño deste mesmo ano 2014, a asociación renovaba a directiva poñéndose ao fronte Manuel Paradelo.

O propio Paradelo, adianta que neste mes de agosto, os antigos veciños e amigos “que somentes nos vemos unha vez ao ano”, xuntaranse de novo no poboado de Prada, para celebrar a tradicional romaría. Será o venres 15 de agosto e coma sempre haberá procesión e misa ao aire libre (en torno ás 12:30h.), seguida polo xantar popular e xogos como os bolos, para todo aquel que queira participar, sen esquecer o apartado musical. “A idea é pasar un día todos xuntos” di Manuel, esperando contar coa presenza de veciños chegados incluso de Bos Aires (Arxentina), onde reside unha parte da poboación da desaparecida Alberguería.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button