
A tradicional Romaría do Rosario celebrarase o vindeiro 6 de outubro no Santuario das Ermidas (O Bolo). Os actos comezarán ás 10h. coa misa de enfermos. Despois, ás 11:30h., está prevista unha teatralización das orixes deste complexo relixioso, que está recoñecido como Ben de Interese Cultural, a cargo de Platea Teatro e baixo o título “400 anos: pedra, milagre e fe”. Será no adro do santuario. A continuación terá lugar o rosario (12:30h.) e unha misa solemne ás 13h.
Transporte especial para ese día
Todas aquelas persoas que acudan ao santuario dende A Rúa, Manzaneda e Viana do Bolo terán a posibilidade de facelo en transporte de balde para voltar aos seus puntos de partida. Pero para iso será preciso que se anoten no 606017105 ata o día 4 de outubro.