En portadaEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Ronda de fulión de Requeixo por Bidueira (Manzaneda)

 

Arredor das nove e media da noite do Sábado de Entroido os membros do Fulión de Requeixo (Manzaneda) aproximábanse camiñando á entrada de Bidueira. As Mázcaras, algunhas delas de curta idade, adiantábanse para solicitar en verso permiso para poder tocar. Unha das mozas de Bidueira, Sofía, concedíalle, tamén en verso o permiso, e nese momento soaban as chocas das Mázcaras e a elas uníanse os bombos, as gadañas, os sachos e as cornas.

Comezaba así unha ronda coa que se lle devolvía unha visita anterior a Bidueira. Estas dúas aldeas manteñen cada Entroido un ritual de intercambio de visitas nocturnas. A ronda finalizaba cunha cea ofrecida polos veciños de Bidueira ao fulión.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button