CulturaCulturaEntroido 2024Última horaVídeos

Ronda do “Domingo Delgao” por Silván, Lomba e Sigüeya (Benuza)

 

Son de chocas, toque de gadaña e tamboril. O Entroido chegaba na tarde do 4 de febreiro ás aldeas de Silván, Lomba e Sigüeya, concello leonés de Benuza. Unha sonora e vistosa ronda na que sobresaían os Tamaracos, figuras tradicionais que saían por Silván cun cinto de chocas e que botan fariña e fan bromas ao seu paso, percorría estas localidades para celebrar o “Domingo Delgao”.

 

 

Trátase dunha iniciativa do alcalde de Benuza, Domingo Cabo, que se poñía en contacto coa Asociación Aires del Cabrera, co fin de dinamizar e impulsar o seu Entroido. E así xurdía esta longa ronda na que participaban unhas 70 persoas e que era recibida por entusiasmo polos veciños das aldeas, que lles sacaban xarras de viño e doces aos participantes.

O percorrido iniciábase ás 16h. e remataba arredor das once da noite, en medio dun ambiente de alegría e festa.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button