En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa Vella acolleu a XIV Festa da Empanada de Costelas

Unhas duascentas persoas asistiron á cita gastronómica no Campo de San Roque

Pasadas as dúas da tarde do sábado 26 de decembro, un día despois do Nadal, arrancaba unha nova edición da Festa da Empanada de Costelas na Rúa Vella, á que asistiron unhas duascentas persoas de tódalas idades.

Tralo primeiro prato (sopa de allo) os comensais comezaban a entonar os corpos, preparándose para o prato forte, a empanada elaborada pola Panadería Lorenzo. Tal como informan dende a comisión de festas de San Roque, encargados da organización, para a elaboración das empanadas empregaron uns 80 quilos de costelas de porco adobadas.

O menú completábase con torta de roxóns, viño Rúa, auga, café e licores. O partado musical correu por conta de Os Bertolini e da disco-móbil Danzalia.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel de xaneiro do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button