CulturaCulturaÚltima hora

As rúas do Carballiño encheranse de cor este sábado no Carnaval de Verán

Charangas, murgas, comparsas e folións intervirán no percorrido polas rúas máis céntricas da vila
O desfile arrancará dende a praza da Veracruz.

Arredor de 500 persoas participarán no desfile do Carnaval de Verán que se celebrará este sábado, 15 de xullo, polas rúas máis céntricas do Carballiño. Charangas, murgas, comparsas e folións intervirán no percorrido, que comezará ás 22:00 horas dende a Praza da Veracruz e proseguirá polas rúas Curros Enríquez, Rotonda da Alameda e praza do Emigrante, avenida Xullo R. Soto, Centro do Carballiño en Bos Aires e rúa do Paseo.

Moitas das agrupacións que concursaron no pasado Entroido de inverno voltarán a desfilar este sábado, pero haberá novas incorporacións como a comparsa Os Festicultores Troupe. Ademáis, participarán Os Liborianos, Os Azucarados de Maside, Os Silleiros Árabes, O Conto de Carapuchiña, Mouchos de Fantasía (AAVV Partovia), Guardianes de la Primavera (Dacón), Sol e Súper Lúa (San Amaro), Os Nevadiños (Neves de Grixoa), Aspadisi, así como a charanga do Dr. Anchoa, entre outros.

A partir da unha da madrugada, haberá festa coa actuación do grupo GIM TONICS na Praza Maior.

Pero o sábado 15 é día de feira no Carballiño, polo que durante a mañá haberá animación musical polas rúas. Así, o grupo Os Serandeiros ofrecerán pasarrúas a partir das 11 e ata o mediodía.

Un día antes, o venres 14, celebrarase o Carnaval de Verán Infantil. Comezará ás 11 da mañá nos arredores da Praza Maior, con actividades de animación e obradoiros. Neste carnaval participarán os nenos e nenas dos campamentos urbanos, ademáis de cantos rapaces queiran incorporarse por libre.

Artigos relacionados

Back to top button