CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Rubiá acolle a preestrea de ‘Chala 2’ o novo espectáculo da compañía Concede Clown

 

Na tardiña do mércores 23 de agosto, véspera de San Bartolo, a praza do Concello de Rubiá acollía un espectáculo de títeres e humor a cargo da compañía leonesa Concede Clown.

Diante dun entregado público que participou activamente do evento, os actores preestreaban o seu novo espectáculo ‘Chala 2, artesanos de la tontería’.

A actividade, especialmente pensada para os máis pequenos, foi organizado polo Concello de Rubiá no marco das festas de San Bartolo ao que renderán culto hoxe, con procesión e misa a partir das 12 horas.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button