
Catro anos despois da última edición, celebrada antes da pandemia, e apenas un mes despois da do Barco de Valdeorras, a localidade valdeorresa de Rubiá celebrará mañá o seu propio xantar solidario a favor de Manos Unidas.
Será a partir das dúas da tarde no pavillón municipal, á entrada do cal haberá entradas á venda por 7 euros.
No xantar da última edición que reunía a unhas 450 persoas, había bocadillos de chourizo, salchichón e queixo, ademais de empanadas de bonito e carne, tortillas e lacón. E, na sobremesa, unha gran variedade de doces caseiros, dende rosquiñas ata magdalenas, ademais de café. Ademais, no decurso deste encontro instalábase un mercadiño con produtos para recaudar tamén fondos para Manos Unidos e, ao final do xantar, tiña lugar unha tómbola cunha serie de agasallos doados por diferentes establecementos comerciais de Valdeorras.
