ConcellosEntroido 2022RubiáÚltima hora

Rubiá celebrará un ‘Entroido Miúdo’ o Domingo 27 de febreiro pola tarde

Un cativo disfrazado no Entroido de 2020, antes da pandemia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tralo duro ano pasado no que practicamente non houbo actividades de carácter lúdico, neste 2022 vanse recuperando moitas delas e polo menos poderase celebrar o Entroido a finais de febreiro, aínda que de forma diferente aos anos anteriores á pandemia.

Polo menos así será en Rubiá. Este ano o Concello non organizará o tradicional desfile de comparsas e folións que na tarde do Domingo de Entroido enchía de cor e música a rúa principal da vila, pero no seu lugar organizarán unha actividade especialmente pensada para os máis pequenos.

Así, o domingo 27 de febreiro, a partir das cinco da tarde, celebrarase na praza do Concello o ‘Entroido Miúdo’ con actuación musical incluída e chocolatada ao remate. Tal como adiantan dende a organización unha condición imprescindible para asistir será “ir revestido”.

 

Artigos relacionados

Back to top button