DeportesÚltima hora

Ruta con raquetas de neve en Trevinca, o 3 de febreiro

O traxecto irá polo sendeiro de montaña PR-G 200 ata o Alto do Fial, de aí ata o Mirador da Lagoa da Serpe para logo descender ata Ponte (A Veiga)
Cartel desta actividade de deporte de inverno.

Dende “Terras Altas de Trevinca. Guía de Montaña” organizarase o vindeiro 3 de febreiro unha ruta en Trevinca camiñando con raquetas, pensada para os amantes do sendeirismo invernal, que poderán descubrir lugares singulares e gozar da neve dun xeito diferente.

“Un dos obxectivos principais da actividade é o de coñecer o entorno de Pena Trevinca en inverno, flora, fauna, xeoloxía, os seus valores tanto etnográficos como culturais que a fan distinta de calquera outra zona. Unha maneira de desfrutar do sendeirismo por un terreo cun enorme valor natural”, asegura o alcalde da Veiga, Juan Anta.

A nivel técnico os participantes familiarizaranse coas técnicas de progresión por terreo elevado, mediante o uso de raquetas de neve. A actividade (dirixida polo Guía Local de Montaña, Juanjo Lorenzo) será presentada no Centro de Visitantes ZEC Pena Trevinca, en Ponte, o día 3 de febreiro, a partires das 9:30h da mañá, cunha charla informativa sobre a ruta e indicacións técnicas do uso das raquetas.

Juanjo Lorenzo guiará aos asistentes polo sendeiro de montaña PR-G 200 ata o Alto do Fial, de aí ata o Mirador da Lagoa da Serpe para logo descender ata Ponte.

Dende o Concello da Veiga convídase a todas as persoas interesadas a participar nesta actividade (cun custo de 20 euros por persoa), consultando previamente nivel e material preciso para realizala. Con anterioridade á contratación da ruta é necesario tamén consultar a dispoñibilidade de prazas, dado que son limitadas.

Máis información: guias@terrasaltasdetrevinca.es
Tfno. 722 336 822

Artigos relacionados

Back to top button