Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ruta da Asociación Huellas de Cabrera pola comarca de Laciana

 

A Asociación Huellas de Cabrera vén de desprazarse novamente á comarca de Laciana para desfrutar dunha xornada de senderismo en plena natureza. A ruta, realizada na pasada fin de semana, comezaba na localidade de Sosas de Laciana e logo facíase un percorrido polo val do río Sosas, atravesando diversas brañas con cantidade de gando pacendo nos verdes pastos.

Ao final do val comezaba a ascensión ao primeiro pico da xornada O Cornin (2.059 m). “As vistas xa son espectaculares, e vemos a seguente ascensión O Cornón (2.188 m), pico mais alto do concello de Puerto de Somiedo (Asturias), a visión do circo, vales, multitude de cimas, Ancares, Ubiñas… Invitábanos a permanecer un bo rato mirando arredor”, explican os camiñantes.

 

 

Despois do desfrute acometían a baixada pola chamada escaleira do Cornón, un sendeiro de terra e pedras que conduce ao val de Lumajo, pasando entre os picos Regada e Aspia “e de novo algunha braña para checar ata o pobo de Lumajo onde finaliza a ruta de 18 km e chega o descanso para novas saídas ata septembro”.

Fotos: loispradaf.

Artigos relacionados

Back to top button