ConcellosÚltima hora

A “Ruta das Tapas” do Carballiño celebrará os sabores da primavera o 5 e o 20 de maio

Presentación da Ruta das Tapas.

O Carballiño reserva dous días para celebrar a Ruta das Tapas. Concretamente, o 5 e o 20 de maio estarán adicados aos pinchos de primavera. O evento foi presentado hoxe, 3 de maio, no Mesón Os Portais, xunto cos representantes dos locais que participaron nesta iniciativa gastronómica dende o pasado mes de outubro.Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal; o concelleiro de Educación, Diego Fernández, e representantes dos locais hosteleiros.

O concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, destacou que, coa boa resposta que está a ter este evento, haberá outra edición en outono. Neste senso tamén falou o voceiro dos vinteún locais hosteleiros carballiñeses adheridos á “Ruta das Tapas”, destacando o carácter positivo desta última edición.

Ambos interlocutores, así como a representante da adega Pazo Pizón, Cristina Mouriño, que patrocina o evento xunto co Centro Comercial Aberto, invitaron a participar este venres na ruta e recordaron que había que cubrir as tarxetas que se ofrecen en cada local para participar no sorteo de vales por un valor total de 2.000 para mercar nos establecementos comerciais do Carballiño.

Tostas, faxiñas, tacos, pulpo á vinagreta, mexillóns recheos, ensalada de frutos tropicais e outros pinchos elaborados con produtos de tempada foron presentadas este mediodía como unha mostra das tapas que se poderán degustar este venres a partir das oito da tarde polo prezo de 2 euros en cada local. Asemade, poden acompañarse coa última añada do 2016 da adega Pazo Tizón, que xa está nos establecementos.

 

Artigos relacionados

Back to top button