Nova saída da Asociación Huellas de Cabrera. Na pasada fin de semana os membros desta entidade desprazábanse ata a montaña leonesa de Babia. O domingo o grupo comezaba unha fermosa ruta de senderismo en Torre de Babia para ascender ata tres cumios por riba dos dous mil metros de altitude.
“Despois dun ascenso cunha pendente moi pronunciada chegabase o Montihuero (2185m), seguidamente o Picón para finalizar co Peña Redonda, sempre cunhas vistas espectaculares de multitude de cumios de Babia e Somiedo. Agora tocaba salvar o desnivel cun vertixinoso descenso para chegar a lagoa Las Verdes, que debe o seu nome a estar cuberta por unha espesa capa de vexetación”, explican os participantes na actividade, que despois regresaban a Torre de Babia para finalizar a xornada.
Fotos: loispradaf.