Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ruta de Huellas de Cabrera polos picos Solana e Penouta, en Babia (León)

 

A Asociación Huellas de Cabrera desprazábase o domingo 14 de abril á Babia (León) para facer unha nova ruta de senderismo. O traxecto comezaba na localidade de Riolago para logo seguir un treito ao carón do regueiro Riolago ata atravesalo e continuar polo regueiro da Señal, pasando polo refuxio da Braña.

 

 

“Xa no ascenso cara o Pico Solana (2.131 m) vimos a fervenza de San Bartolo, despois de coroar a Solana fomos ao segundo cumio da xornada, o Pico Penouta (2.038 m). Dende as alturas as vistas son espectaculares, Lago Chao, Laguna del Lago, Lago Bustasil e infinidade de cumios e profundos e verdes vales”, explican os sendeiristas.

Fotos: loispradaf

Artigos relacionados

Back to top button