ConcellosÚltima hora

Ruta de Xoves Santo por San Xulián de Eiré e San Vicente de Castillón (Pantón)

 

A Asociación Cultural “Segredos de Pantón” está preparando unha andaina para este xoves 14 de abril ás 10h. “Organizamos un roteiro entre as parroquias de San Xulián de Eiré e San Vicente de Castillón. Onde teremos natureza, patrimonio e mesmo tramos do Camiño de Inverno. Pasaremos polas aldeas de Galegos, Pereiro, Nadal, Santa Mariña, Virís, Camiño Grande e novamente Galegos”, adiantan os promotores.

A actividade terá un límite de 30 prazas e nela respectarase a orde de incrición. As reservas pódense facer mediante:
– Teléfono: 662 669 223 (Lucas Vázquez)
– Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com
– Redes Sociais: Instagram e Facebook.

 

Artigos relacionados

Back to top button