DeportesÚltima horaVídeos

Ruta en bicicleta por Valdeorras co alumnado da ESO do colexio Divina Pastora do Barco

 

Apenas catro días despois de que os alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras realizaban un tramo do Camiño de Inverno entre Quereño (Rubiá) e O Barco, eran os alumnos da ESO os que saían de ruta, no seu caso en bicicleta.

 

De ruta entre soutos de castiñeiros.

 

Na mañá deste luns 19 de xuño, o grupo percorría unha parte da comarca de Valdeorras, saíndo do centro e tras atravesar a estrada xeral do Barco, coller rumbo a Armado, pasando por Vilamartín, Petín e A Rúa ata o regreseo de novo no Barco. Unha ruta na que foron acompañados pola Garda Civil de Tráfico, o GES Valdeorras e a Policía Local do Barco aos que agradecen a colaboración.

 

Xunto ao Castelo de Arnado (Vilamartín de Valdeorras).

 

Tal como explican dende o colexio, esta “é outra das actividades do programa para fomentar hábitos saudables nos nosos escolares e que ademais coñezan a nosa contorna dunha maneira diferente”.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button