DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Ruta entre castros e penedos, polas Terras do Bolo

Esta andaina duns 15 km, que se realizaba na mañá deste domingo, estaba organizada polo grupo “A Torre da Homenaxe de O Bolo” en colaboración con Protección Civil deste municipio

Dende o Bar Murias en Cambela partía ás nove e media desta mañá de domingo 10 de marzo unha andaina circular duns 15 quilómetros (de dificultade fácil/moderada) promovida polo grupo “A Torre da Homenaxe de O Bolo” en colaboración con Protección Civil deste municipio. Trátase dunha ruta “entre castros e penedos”.

O traxecto proseguía por Celeiros ata Chao do Castro, pasando polo seu cruceiro. Continuaba a andaina en dirección a Valdanta ata un cruce de camiños onde se collía dirección a Valbuxán, cunha parada para visitar o seu Pazo. Deseguido camiñábase ata Vilaseco para contemplar unhas espectaculares vistas do entorno.

Despois estaba previsto descender ata Casasola para concluír a andaina no mesmo punto de inicio: o Bar Murias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button