CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Sábado de derbi e magosto no campo de fútbol de Calabagueiros

Malia comezar ganando, o CD Barco acababa perdendo 1-2 ante o Ourense CF

 

Os derbis son sempre partidos moi esperados, e máis aínda se o club o fai coincidir co magosto. Por iso non é de extrañar a boa entrada que rexistraba o campo de fútbol de Calabagueiros, na tarde deste sábado 30 de outubro na que se enfrontaban o CD Barco de o Ourense CF.

Os de Javi Rey saían ao terreo de xogo con triple camiseta: a morada en apoio á Carreira da Cidades contra o Cancro de Páncreas; unha blanco para reivindicar que Valdeorras tamén existe; e a vermella coa que comezaba o partido. Un partido que se lles poñía de cara no minuto 15 co gol de Duque aínda que a alegría duraba pouco na bancada pois sete minutos despois o Ourense empataba.

 

Asando as castañas para o magosto do CD Barco.

 

Co empate a uns no videomarcador que se estreaba hoxe no campo, chegaba o descanso no que os afeccionados poideron achegarse ata a cantina para buscar a súa ración de castañas asadas aínda que a maioría aínda non estaban listas a esa hora.

E xa na segunda parte do encontro no que Rubén García se reincorporaba ao plantel vermello tras case un ano sen xogar por unha lesión, o Ourense marcaba o segundo gol que caía coma un xarro de auga fría.

O Barco suma así a segunda derrota da tempada, quedando cun total de 17 puntos á espera do vindeiro partido, no campo coruñés do Fabril.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button