ConcellosO BarcoÚltima hora

Sábado de tapas de chourizo e callos en Casa Ignacio de Viloira (O Barco), o 5 de febreiro

 

Con fin de darlle “un pouquiño de calor á fin de semana”, o vindeiro sábado 5 de febreiro o Restaurante Casa Ignacio de Viloira (O Barco) ofrecerá tapas de chourizo e callos. Trátase dunha iniciativa que lanza este establecemento hostaleiro (situado na rúa Elena Quiroga, 24 de Viloira) buscando dinamizar a fin de semana.

 

 

Así, Casa Ignacio ofrecerá a partir das 18h. do sábado tapas de chourizo asado con pan e de callos ao prezo de 2 euros. Ademais, a partir desa hora o ambiente estará animado pola actuación musical dunha charanga.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button