Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Saboreando a creatividade, no obradoiro infantil de cociña de “De Nai a Nai”

Con esta actividade, na que participaban numerosos meniños cos seus pais e nais, vén de iniciarse a 6ª Semana da Lactación Materna no Barco

 

Froitas de diferentes cores e texturas, arroz, olivas, cenorias, pan de molde ou queixo. Eran algúns dos ingredientes dos que se botaba man no obradoiro de cociña infantil que organizaba na mañá do 7 de outubro o grupo de apego á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai”, na súa sede no Barco.

Nesta divertida iniciativa participaban numerosos cativos de diferentes idades, acompañados das súas nais e pais. Estaban organizados en tres mesas: unha de bebés, outra de nenos de 2-3 anos e unha terceira de maiores. En cada unha delas repartíanse diversos deseños que os meniños e meniñas ían recreando, coa axuda dos adultos, sobre os pratos usando os diferentes ingredientes e tamén botándolle moita imaxinación.

Con esta singular e participativa actividade vén de iniciarse a 6ª Semana da Lactacióin Materna no Barco, que continuará o martes 9 de outubro ás 15:30h. coa presentación da asociación ao novo grupo de clases de preparación á maternidade no hospital. Ademais o mércores 10 de outubro ás 18h. darase a coñecer a nova páxina web de De Nai a Nai e, de seguido, impartirase a conferencia “A importancia do plan de parto no inicio da lactación materna”, a cargo da avogada vianesa Ana María García, especializada en temas de muller e asesora de lactación materna. Todos estes actos serán tamén no local da asociación.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button