CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Sae á venda a camiseta do 50º aniversario do CD Barco

 

Comezaron coa exposición de trofeos e copas e terá o acto central en plenas festas do Cristo, co concerto de Los Secretos. Pero a celebración do 50º aniversario do Centro de Deportes Barco vai moito máis aló con outras actividades como o xantar que reunirá aos xogadores que pasaron polo club nestes cincuenta anos e por suposto o deseño dunha equipación para a tempada 2023/2024, conmemorativa da efeméride.

Tal como explica o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, trátase dunha camiseta  co fondo do patrón do Barco, o Nazareno, e o mapa da comarca de Valdeorras que vai desde a parte dianteira á traseira. “Tamén leva na parte traseira o escudo de Galicia co aniversario do club”, puntualiza Ramos, adiantando que a camiseta sae á venda (35 euros) polos canais oficiais do club e tamén se pode mercar chamando ao teléfono: 667 404 330.

 

Artigos relacionados

Back to top button