EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Saen á venda as entradas para o xantar do 50 aniversario da Festa da Bica de Trives

Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro 29 de xullo celebrarase o xantar popular polo 50 aniversario da Festa da Bica. Así o vén de facer público o Concello da Pobra de Trives. Esta cita gastronómica celebrarase no CEIP Bermúdez Couso cun aforo de 500 persoas. As entradas poranse á venda a partir do 26 de xuño.

O menú do xantar incluirá empanada Cachena, becerro ao espeto con guarnición, bica de Trives, café e licores. O custo da entrada será de 25 euros e para os menores de 12 anos de 15 euros. Ademais o xantar estará animado con música.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button