DeportesEn portadaÚltima hora

Saída da 20ª Volta Ciclista a Galicia dende a Estación de Manzaneda

 

Ás 12h. deste sábado 17 de setembro tomaban a saída dende a Estación de Montaña de Manzaneda os ciclistas dos 18 equipos que están a disputar a 20ª Volta a Galicia.

A partir de aí atravesarán os portos de segunda categoría do Alto da Portela e Soutipedre.

Así esta etapa, duns 114 km, pasará por Trives, Larouco, Petín, A Rúa, O Barco, As Ermitas e A Veiga. Finalmente, na base de Cabeza de Manzaneda sobre as 15:30h haberá un porto de primeira categoría con pendentes medias do 6,8%.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button