OurenseÚltima hora

Saída da etapa 12 de ‘La Vuelta’ en Ourense

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistían xunto ao alcalde de Ourens, e o director Fernando Guillén á saída da 12ª etapa de La Vuelta que transcorre ao longo de 137,5 km desde Ourense ata a Estación de Manzaneda, co apoio da Xunta. Trátase da primeira proba ondulada con final en alto.

La Vuelta continúa así o seu percorrido por terras galegas, contribuíndo á internacionalización do destino. Nesta 79 edición conta con catro etapas nas catro provincias galegas que suman un total de 500 quilómetros percorridos por toda a Comunidade. A proba ten a diario 1,3 millóns de espectadores que a seguen a través da televisión e outro 1,8 millóns de persoas que o fan nas redes sociais.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button