ConcellosO BarcoÚltima hora

Saída de vía durante a Subida a Valdeorras

O coche xirando sobre si mesmo trala saída.

 

Dende as nove e media da mañá deste domingo 9 de outubro estase desenvovendo no Barco, entre Viloira e Santigoso, a segunda xornada da IV Subida a Valdeorras, na vén de producirse un pequeno accidente en torno ao posto 19.

Pasadas as 11 horas, unha das barquetas participantes saíase da vía, xirando sobre as rodas e quedando en dirección contraria á subida polo que durante uns minutos a carreira tivo que ser detida.

O accidente non tivo maiores consecuencias e pronto se reanudaba a proba da Copa de España de Montaña que rematará en torno ao mediodía coa entrega de trofeos.

Neste enlace pode verse o vídeo da saída de vía cedido por un afeccionado: https://youtube.com/shorts/rHytg0lXlq0?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button