CarballedaConcellosÚltima hora

Saída de vía en San Xusto (Carballeda de Valdeorras)

 

Na tarde deste mércores 13 de setembro producíase un accidente de tráfico na estrada de San Xusto, no concello de Carballeda de Valdeorras, que se saldaba cunha persoa ferida leve, segundo os servizos de emerxencia.

O suceso tiña lugar pasadas as seis e cuarto da tarde coa implicación dun único vehículo que saía da estrada e chocaba contra a parede da beiravía.

Ata os lugar desprazábase o GES Valdeorras, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

 

Artigos relacionados

Back to top button