Pasadas as 12:30 horas deste martes 10 de decembro producíase un accidente de tráfico na N-120, no quilómetro aproximado 515, en Bascós, no concello de Monforte e Lemos.
Tal como indican dende o 112 Galicia, era un particular quen informaba dunha saída e vía. “Indicaba que as persoas estaban fóra do vehículo pero pensaba que podían precisar atención sanitaria”, polo que daban aviso a Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policia Local e Bombeiros “por se fose necesario”, puntualizan.