A RúaConcellosÚltima hora

Saída de vía na N-120 ao seu paso pola Rúa

 

 

Novo accidente da N-120 ao seu paso pola comarca de Valdeorras. Na tarde deste xoves 23 de xaneiro producíase unha saída de vía nesta estrada ao seu paso pola Rúa.

O suceso tiña lugar en torno ás 20 horas nas proximidades da Residencia de Maiores Os Pinos onde se saía o coche que quedaba envorcado fóra da estrada, tal como explican dende os servizos de emerxencia, indicando que o condutor saía polo seu propio pé.

Para este operativo eran mobilizados os bombeiros do parque comarcal, Protección Civil da Rúa, Garda Civil de Tráfico e o 061. O coche siniestrado era retirado por unha grúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button