ConcellosRubiáÚltima hora

Saída de vía na N-120, no concello de Rubiá

 

 

Na tarde deste mércores 11 de outubro producíase un accidente de tráfico no concello de Rubiá. Pasaba das 19:15 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso do suceso que tiña lugar na N-120, onde o Polígono Industrial da Tapada, no que se vía implicado un vehículo que se saía da vía e seguía pola cuneta ata chocar contra  un muro.

No coche viaxaban dúas persoas que saían polo seu propio pé e eran trasladadas en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras.

Ademais dos sesvizos sanitarios do 061, ata o lugar dos feitos trasladábanse os GES Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil de Tráfico.

 

Artigos relacionados

Back to top button