ConcellosO BoloÚltima hora

Saída de vía na OU-533 en Lentellais (O Bolo)

 

Na tarde deste martes 28 de novembro, pouco despois do de Vilamartín, producíase outro accidente de tráfico en Valdeorras. Desta volta o sinistro tiña lugar no concello do Bolo.

Pasadas as 16:30 horas o 112 Galicia recibía o aviso dunha saída de vía na OU-533 á altura de Lentellais. Un vehículo con dous ocupantes saíase da estrada e quedaba envorcado na cuneta. Malia o aparatoso que foi o accidente, tal como indican dende os servizos de emerxencias, non houbo feridos.

 

 

Ata o lugar desprazábanse voluntarios da Agrupación de Protección Civil de O Bolo, o GES da Veiga e a Garda Civil de Tráfico.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button