Ás 18:39 horas deste mércores 20 de novembro, o 112 Galicia recibía o aviso dun accidente de tráfico por saída de vía por marxe esquerda e envorco en calzada, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras,
Un vehículo mixto cun único ocupante que baixaba pola estrada OU-122, punto quilométrico 9,700, por riba de Portela do Trigal, saíase da vía e envorcaba. O condutor resultaba ferido leve sendo trasladado ao Hospital Comarcal de Valdeorras.
Ata o lugar desprazábanse unha ambulancia do 061, a Garda Civil de Tráfico, patrulla de motoristas OU 311, os bombeiros do parque comarcal e membros do GES de Valdeorras que quedaban no lugar do sinistro esperando pola grúa para sacar o vehículo.