ConcellosParada de SilÚltima hora

Saída terapéutica a Parada de Sil de persoal e de internos do cárcere do Pereiro

Cedida.

 

Un grupo de 14 profesionais do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar (entre os que se atopaban psicólogos, xuristas, funcionarios educadores e traballadores sociais) e dez internos visitaban onte, 18 de abril, o municipio de Parada de Sil.

Á súa chegada ao Concello eron recibidos polo alcalde, Aquilino Domínguez, tamén funcionario de prisións que os acompañou durante todo o día. O rexedor fixo unha doazón de libros e dun CD do Concello para a biblioteca do centro peniitenciario. A continuación convidounos a café con bica nun dos establecementos de Parada.

Os participantes na visita puideron desfrutar nun da Fábrica da Luz e da pasarela do Mao, tamén do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil de a casa Museo do chocolate en Teimende. E, despois repor forzas cun magnífico menú noutro establecemento da localidade, pola tarde realizaban a ruta dos miradoiros considerados como algúns dos máis espectaculares de Galicia: Balcóns de Madrid, Triguás e Cabezoás.

Ao remate da visita, o director do centro penitenciario, que comandaba o grupo, Franciso González Pérez, amosaba a súa satisfacción pola visita agradecendo ao Concello, na persoa do seu alcalde, o trato recibido. Á satisfacción do director sumábase a dos internos, que se manifetaban encantados por coñecer este municipio e polo trato recibido.

Artigos relacionados

Back to top button