CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Saídas e toques do Folión Os Viticultores de Vilamartín, neste verán

Mañá pola tarde participarán no desfile do CarnaVrao, na Rúa

 

Aínda que o tempo de Entroido é no inverno, o Folión Os Viticultores de Vilamartín de Valdeorras leva tempo saíndo e tocando tamén no verán.

Neste 2023 inauguraban a tempada estival tocando pola vila na tarde do xoves 6 de xullo, no marco do Pilgrim Race cuxa etapa 6 saía onte dende a área recreativa do Bañadoiro.

A cousa non queda aí e mañá, sábado 8 de xullo, participarán no desfile de comparsas e folións do CarnaVrao na Rúa, a partir das 20 horas pola estrada central da vila.

E xa o día 15 de xullo participarán xunto a outros cinco folións (Os Arrieiros de Petín, A Caniceira de Trives, Chandrexa de Queixa e O Irrio de Castro Caldelas), na V Xuntanza de Castro Caldelas que empezará ás 19 horas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button