DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Salvour comeza a tempada de salvamento e socorrismo

Dez deportistas do club ourensán participan na liga galega que se abría esta fin de semana en Caldas de Reis e Arteixo

A tempada de competicións de salvamento e socorrismo en Galicia comezaba de forma oficial o domingo 19 de novembro, coa primeira xornada da liga en augas pechadas que se celebraba na piscina municipal de Caldas de Reis (Pontevedra) para os equipos do grupo sur e na piscina municipal de Arteixo (A Coruña) para os do norte.

O Club Salvour desprazou ata Caldas a 10 dos seus mellores deportistas que facían un bo papel. Na sesión matinal disputáronse as probas nas categorías inferiores coa participaron das cadetes ourensás Mencía Seara González e Aldara Nerea Vesprini Pérez nas probas de 200 metros obstáculos e 100 metros de rescate de maniquí con aletas; así como do infantil Xenxo Fernández Fernández nos 100 metros con obstácluos, “os tres con boas marcas aínda que lonxe dos podio”, explican dende o club ourensán.

Pola tarde tocoulle o turno ás categorías xuvenil, júnior, sénior e máster. Nesa sesión, Andrea Bello Armana, Silvia Fernández López e Jorge Sánchez Taboada “demostraron estar en plena forma ao colocarse entre os mellores nas probas que disputaron, especialmente nos 200 metros obstáculos”, din dende o Salvour, destacando asemade a actuación do resto do equipo: Nerea López Domínguez, Eva espinosa Fernández, Silvia Quintela Álvarez e Samuel Iglesias Méndez que “nalgún caso chegaron a mellorar marcas personais”.

Fotos: Club Salvour.

Artigos relacionados

Back to top button